Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións Google. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Aplicacións Google. Mostrar todas las entradas

lunes, 29 de noviembre de 2010

Aplicacións: Google Sites

Unha web propia ou tamén un caixón de sastre











QUE?
Google Sites

PARA QUÉ?
Google sites é unha aplicación online que permite crear sitios web con información variada como textos, vídeos, calendarios, presentacións, ficheiros
Toda esta información pode ser compartida e editada por quen o usuario decida.
A información aloxada no noso sitio tamén se pode utilizar dende outros obxectos web como bloques ou outras páxinas.

ONDE?
Dende a páxina principal do buscador de google facendo clic en sites ou directamente na seguinte dirección: https://sites.google.com/

COMO?
1. Accedemos a google sites dende o navegador web que utilicemos habitualmente.
2. Precisamos ser usuarios rexistrados en google normalmente se dispoñemos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal.
3. Unha vez accedemos a google sites debemos darlle nome ao noso sitio e completar a URL que comenzará da seguinte maneira:
http://sites.goole.com/site/.....o que nos queiramos. Tamén podemos facer unha pequena descrición. Despois eleximos entre certas opcións sinxelas. Prememos en crear sitio.
4. Xa na páxina de inicio podemos comezar o deseño da mesma tendo en conta que será a portada do noso sitio Web. Para editala prememos en "Editar páxina" e para configurala en "Mas Acciones"
5. A partir de aquí creamos a nosa páxina utilizando os menús despregables que nos permiten insertar os diversos elementos
6. Premendo en Crear página nueva e editando a páxina creada podemos ir construindo a estrutura do noso sitio web.
7. Lembrar que ainda que non nos interese crear un sitio web, Google sites pode resultarnos útil para aloxar elementos que despois poderemos incrustar no noso blogue, por exemplo un reproductor flash de ficheiros mp3 ou os mesmos ficheiros. Outro exemplo: aloxamos un ficheiro kmz de google earth para logo reproducilo a través do "embeded tour player".

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
páxina de axuda oficial de Google Sites

Manual de Google Sites enlaces a exemplos, guía rápida e outros. Moi completo

EXEMPLOS
ver vínculos na última dirección do apartado anterior: EXEMPLOS.

lunes, 22 de noviembre de 2010

Aplicacións: Slide

Baixo este mesmo epígrafe agrúpanse varios programas que teñen en común o tratamento de imaxes. Imos comentar en concreto dous deles: slideshow e slideshare.


QUE?
Slideshow e slideshare son aplicacións da web 2.0 que mostran presentacións online.

PARA QUE?
Slideshow é un programa para facer presentacións de fotografías.

Slideshare é un programa para facer e publicar presentacións de imaxes do tipo powerpoint (con imaxes, textos, esquemas, gráficos, etc.) pero sen as transicións e as animacións.

ONDE?



COMO?
TITORIAIS

miércoles, 17 de noviembre de 2010

Práctica 12: Albums Picasa

Facendo uso da aplicación flickrr vista anteriormente e dos albums web picasa crear varios albúms en Picasa Web ( Para iso ir a google- fotos e crealos alí), posteriormente publicalos e copiar a URL para insertalos no blogue.

martes, 16 de noviembre de 2010

PICASA 3 e albums WEB en PICASA

QUE É?

Picasa é o software gratuito de Google que permite modificar e mellorar as fotos.

PARA QUE?

Picasa e Álbumes web de Picasa simplifican o traballo de organizar e de modificar as fotografías dixitais e logo crear álbumes online para compartilos.
Podes utilizar Picasa para deseñar e imprimir collages de fotos, crear presentacións de diapositivas con vídeo, engadir texto ás fotos ou ver as túas favoritas no escritorio ou como salvapantallas.
Podes publicar un álbum de fotos online só con un clic.
Podes mellorar casi todas as imaxes gracias ás ferramentas de Picasa para problemas comunes como os ollos roxos, as cores e a iluminación. Tamén podes perfeccionar e aplicar efectos as fotos. Ademais podes engadir facilmente etiquetas xeográficas as fotos para recordar onde as quitaches utilizando Google Maps.
As opcións de Picasa Web de subir imaxes é moi limitada, so podemos subir 5 imaxes ou arquivos de video.
Pero co programa Picasa unha vez instalado no ordenador podemos subir á web albumes enteiros, tendo en conta que Picasa Web regala 1 GB de almacenamento.

COMO INSTALAR PICASA NO ORDENADOR

Para descargar Picasa grátis

http://www.softonic.com/s/descargar-picasa-3-gratis-espanol

COMO SUBIR E CREAR ALBUMES WEB EN PICASA

Tutorial: Cómo publicar fotos com Blogger.com & Picasa 3

http://www.youtube.com/watch?v=K_jnsVZimzg
COMO ACCEDER AOS ALBUMES WEB DE PICASA COA NOSA CONTA DE GOOGLE

lunes, 15 de noviembre de 2010

Práctica 11: Google Maps

A práctica consiste en incluir no blog personal varios mapas.
Busca, por exemplo, en “Google maps” a rúa ou lugar no que vives.
Na parte superior dereita da pantalla aparece o termo “enlazar”. Aquí temos dúas opcións: A URL do mapa (que aparece en primeiro lugar), ou o código HTML para insertar nun sitio web.
Debaixo da segunda opción temos a posibilidade de ver unha vista previa e personalizar a presentación do mapa (tamaño, vista satélite…).

lunes, 8 de noviembre de 2010

PRÁCTICA 10: PRESENTACIÓN CON GOOGLE DOCS

Facendo uso da aplicación Google Docs realizar unha pequena presentación/documento word/ folla xls en grupos de 2-3 sobre diferentes temas. Crear o documento en Google Docs, compartilo cos membros de grupo e traballar on-line. Traballar neste documento únicamente empregando as ferramentas das que dispoñemos en Google Docs e publicala no blogue.

viernes, 5 de noviembre de 2010

Google Calendar


PARA QUÉ?
Servizo de Google que nos permite crear unha axenda acesible dende web ou móvil, que poderemos compartir con outros, incrustar nunha páxina web ou blogue, e dende a que obter recordatorios por correo electrónico ou mensaxe de móvil

ONDE?
Na páxina principal de google clic sobre calendar ou directamente aquí

COMO?
1. Precisamos dunha conta de correo electrónico de Gmail. Na páxina de acceso escribimos nome de usuario e contrasinal. Resistrámonos (Nome, Apelidos, Ubicación...)
2. Despois do resistro accedemos a páxina principal do calendario. Podemos empezar a usar o calendario por defecto que levará o nome da nosa conta de correo electrónico e crear outros. Tamén aparecerá por defecto o de días festivos.Sobre cada calendario creado, poderemos editar os detalles, decidir como o queremos compartir e configurar as notificacións
3. Sobre os días do calendario escribimos os eventos que nos interesan e editamos as súas propiedades.
4. Se queremos publicar o noso calendario por exemplo nun blogue debemos configuralo como compartido. Facemos botón dereito dobre o calendario que queremos compartir e en configuración do calendario facemos clic sobre "incrustar este calendario", personalizamos as opcións, copiamos o código e o pegamos no blogue.

TITORIAIS E VIDEOTITORIAIS
Axuda de Google Calendar

videotitoriais en youtube e outros

domingo, 17 de octubre de 2010

PRÁCTICA 3: OPCIÓNS AVANZADAS DE GMAIL

1) Configuración

a) Xeral

Dentro deste apartado, ademais de elixir a lingua de visualización de Gmail tamén podemos seleccionar unha imaxe que todos os contactos leran cando se lles envíe unha mensaxe. Tamén se pode inserir unha imaxe para cada un dos contactos. Neste mesmo apartado poderemos seleccionar firmar un e-mail, que se axuntará o final de todas as mensaxes enviadas. Poderase tamén seleccionar o envío dunha resposta automática a todos os e-mails recibidos.

b) Contas e importación

Dentro desta pestana permítesenos importar o correo e os contactos dende outro enderezo.Os enderezos importados logo se poderán xestionar dende a axenda. Tamén se nos permite enviar correo empregando outra dirección. Dende esta mesma pestana tamén se nos permite cambiar a configuración da nosa conta (cambio de contrasinal e opcións de seguridade).

c) Etiquetas

Permítenos amosar ou ocultar as carpetas que nos interesen (enviados, recibidos, borradores, Spam, papeleira.......). Tamén nos permite crear carpetas novas para organizar o noso correo segundo as nosas necesidades (Correo persoal, viaxes, traballo....etc).

d) Reenvío

Danos a posibilidade de reenviar unha copia do correo entrante a outro enderezo ou de crear un filtro se so desexamos enviar algún correo.

2) Axenda, contactos.

a) Os meus contactos

Permítesenos engadir novos contactos, buscar contacto e organizalos por grupos (por exemplo: familia, compañeiros, amigos….). Tamén podemos ter outro grupo que se refira os máis contactados e outro onde aparezan todos os contactos ordenados por orde alfabético. Da mesma forma poderanse eliminar grupos cando así se desexe e importar ou exportar enderezos.

3) Chat

a) Gmail ofrece a posibilidade de ter un chat on line se así se require con todos ou algúns dos contactos.